martes, 25 de octubre de 2011
martes, 11 de octubre de 2011
Nova temporada no horto escolar
Neste comezo de curso 2011-2012 voltamos con moitas gañas e novas ideas para seguir adiante co horto escolar.
Este ano teremos algunhas novidades:
Novos cultivos, temos xa plantados grelos e acelgas e imos plantar xa coliflor, brócoli, coles de Bruxelas e leituga de inverno, polo momento.
Tamén imos ter viveiros de diferentes hortalizas.
Temos idea de montar un invernadoiro pequeno.
Agora estamos poñendo unha toma de auga na parte traseira do patio, onde as plantas con flores.
Este ano comezamos unha nova técnica de cultivo, cubrindo o terreo de malla antiherbas.
Tamén, como vedes, temos un blog moi chulo, que vai ir medrando, como vós, ao longo do curso.

martes, 28 de junio de 2011
lunes, 20 de junio de 2011
A xoaniña
A xoaniña é un insecto coleóptero que se encontra por todo o mundo (hai máis de 4.500 especies diferentes de xoaniñas). É pequena, de 1 a 10 milímetros. A cuberta que vemos de manchas negras sobre un fondo laranxa, amarelo ou vermello non é un caparazón, son ás, pero que agora xa non lles serven para voar; chámanse élitros, e protexen as alas coas que voan realmente.
As súas cores vivas serven para manter alonxados aos predadores, pois moitas veces os animais que teñen cores brillantes son velenosos. Algunhas xoaniñas son realmente tóxicas para predadores pequenos, como lagartos ou paxaros pequenos, pero non para os humanos.
Poñen ovos de cor amarela en fieiras sobre as follas das plantas. Despois de unha semana saen as larvas que teñen seis patas e móvense moito; soen ser de cor negra con minúsculas manchas brancas e alaranxadas.
Máis tarde convértense en pupas. e se pegan ás follas, talos ou rochas, e son de un cor alaranxada e negra. Destas sae un adulto de cor amarelo, pois aínda non ten a cor do adulto ata pasadas unhas horas.
O depredador natural das xoaniñas son os paxaros, pero cómenas moi poucas veces porque teñen un sabor desagradable.
As xoaniñas son moi apreciadas na agricultura porque son depredadoras naturaís dos pulgóns, pulgas, ácaros ou cochinillas, que atacan ás plantas dos cultivos.
Unha xoaniña adulta pode comer máis de mil pulgóns durante o verán!
E se temos en conta que unha femia pode ter máis de un millón de crías, pensade cantos pulgóns pode comer!
Por iso, se ves unha xoaniña, non a mates.
Libros sobre xoaniñas:
Libros sobre xoaniñas:
Eric Carle: A xoaniña rosmona. Editorial Kalandraka.
Josefa Contijoch: A xoaniña e a noite. Editorial Combel.
Xosé Ramón Daporta: A xoaniña. Editorial A Nosa Terra.
Agua caliente para la señorita Mariquita. Editorial Everest.ç
Xoaniña, voa, voa,
que teu pai está en Lisboa
e túa nai está na cama
a comer pan e cebola.
domingo, 19 de junio de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)