martes, 11 de octubre de 2011

Nova temporada no horto escolar

Neste comezo de curso 2011-2012 voltamos con moitas gañas e novas ideas para seguir adiante co horto escolar.
Este ano teremos algunhas novidades:
Novos cultivos, temos xa plantados grelos e acelgas e imos plantar xa coliflor, brócoli, coles de Bruxelas e leituga de inverno, polo momento.
Tamén imos ter viveiros de diferentes hortalizas.
Temos idea de montar un invernadoiro pequeno.
Agora estamos poñendo unha toma de auga na parte traseira do patio, onde as plantas con flores.
Este ano comezamos unha nova técnica de cultivo, cubrindo o terreo de malla antiherbas.
Tamén, como vedes, temos un blog moi chulo, que vai ir medrando, como vós, ao longo do curso.