jueves, 7 de junio de 2012
Estas son, en resume, as actividades que fixemos este curso no horto e noutras zonas:
CALENDARIO
DO HORTO, CURSO 2011-2012
|
||
21/09/11
|
A
familia de Tania (6º) preparou o terreo cun motocultor
|
|
06/10/11
|
Compra en Agrícola Compostela: tomas, tubo e billa para poñer na traseira do edificio vello, malla anti-herba e terra. | |
07/10/11
|
Sementamos
grelos e acelgas en dous cadros do terreo xa preparado.
Preparamos un viveiro con sementes de pasiflora.
|
|
14-18/10/11
|
Puxemos a malla anti-herba no horto, deixando unha pequena franxa, paro o que xa está plantado (grelos e acelgas) e para o que se vai plantar máis adiante (patacas, millo...). | |
20/10/11
|
Recollemos
as pipas da planta de xirasol.
|
|
21/10/11
|
Alumnos
e alumnas de 5º e 6º plantaron leituga de inverno e recolleron
sementes dos caraveis indios.
|
|
25/11/11
|
Puxemos
carteis nos composteiros, ás herbas aromáticas e nas
hortalizas, con foto, nome común e nome científico.
|
|
11/11/11
|
Nas
aulas de infantil os nenos e nenas plantaron allos nos viveiros,
que quedaron nas aulas ao coidade deles.
|
|
14/11/11
|
Alumnos
e alumnas de 3º e 4º plantaron coliflor e repolo.
|
|
15/11/11
|
Fixamos
a malla anti-herba.
|
|
18/11/11
|
Botamos
terra no recuncho das plantas aromáticas.
|
|
21/11/11
|
Plantamos
os porros que quedaban no viveiro. Revisamos as coliflores, pois
algunhas estaban plantadas superficialmente.
|
|
28/11/11
|
Puxemos
a manta térmica sobre as leitugas. Plantamos ruda noutro
recuncho, no que poñeremos máis plantas aromáticas.
|
|
09/12/11
|
Plantamos
algunhas plantas aromáticas: loureiro, santolina..... Fixamos a
malla antiherba con ganchos de ferro. Sachamos as acelgas e o
recuncho das aromáticas.
|
|
25/01/12
|
Mercamos
botas novas para os rapaces, números 25 e 27.
|
|
10/01/12
|
Os
alumnos e alumnas de Infantil plantaron os allos que tiñan
medrados nos viveiros.
|
|
27/01/12
|
Alumnos
e alumnas de 5º e 6º plantaron fresas.
|
|
27/02/12
|
Puxemos
a malla anti-herba na traseira do colexio (40 metros), puxemos
tubos de rego por goteo onde hai plantado no horto e plantamos
roseiras na traseira.
|
|
28/02/12
|
Mercamos
malla anti-herba, ganchos e tubo de rego por goteo).
|
|
09/03/12
|
Fixamos
a malla anti-herba no corredor traseiro e colocamos o tubo de
rego por goteo.
|
|
13/03/12
|
Puxemos
tubo de rego por goteo na zona xunto ao parque infantil, onde hai
aromáticas e ornamentais.
|
|
21/03/12
|
Alumnos
e alumnas de 2º plantaron patacas,viron o compost que xa feito
no composteiro. Tamén viron as plantas aromáticas e coñeceron
os seus nomes.
|
|
22/03/12
|
Preparamos
viveiros con sementes de berenxenas e leitugas de folla de
carballo, que coidarán os alumnos e alumnas de 1º e 2º
respectivamente.
|
|
26/03/12
|
Abrimos
unha zanxa para poñer a tubería da billa que imos instalar no
horto. Plantamos cilantro e repartimos leitugas entre os rapaces
de 6º (que foron quen as plantaron).
|
|
27/03/12
|
Preparamos
os recunchos de aromáticas, sachamos o terreo, engadimos terra,
delimitámolos con pedras e regamos. Preparamos un viveiro de
pepino.
|
|
30/03/12
|
Os
alumnos e alumnas de 4º plantaron repoñendo coliflor . Tamén
coñeceron as plantas aromáticas e viron o compost.
|
|
10/04/12
|
Preparamos
un modelo de ficha para que cada aula traballe sobre algunha
hortaliza e planta aromática.
|
|
23/04/12
|
Plantamos
frambuesa e falso xasmín.
|
|
09/05/12
|
Recollemos
as leitugas que ficaban no horto e repartímolas entre os alumnos
e alumnas de 5º.
|
|
14/05/12
|
Alumnos
e alumnas de 3º plantaron tomates negros, repolos, leitugas, col
lombarda...). Sobre os tomates puxemos manta térmica para que
non os comeran as follas o paxaros.
|
|
15/05/12
|
Alumnos
de Infantil de 4 e 5 anos plantaron leitugas de folla de
carballo).
|
|
24/05/12
|
Alumnos
e alumnas de 1º e 2º, plantaron cogombro, leitugas, tomates e
millo. Veu o fotógrafo da Voz de Galicia e fixéronnos unha
entrevista para ese xornal. Plantamos albahaca.
|
|
25/05/12
|
Saímos
na Voz de Galicia.
|
|
31/05/12
|
Chamaron
da Radio Galega e fixéronnos unha entrevista por teléfono. A
entrevista saíu unha hora despois.
|
|
1/06/12
|
Plantamos
melón e cogombros. Puxemos novos tubos de rego por goteo.
|
|
4/06/12
|
Sachamos
o terreo das aromáticas
|
viernes, 4 de mayo de 2012
QUE FIXEMOS E ESTAMOS A FACER NESTE CURSO?
Este é o segundo curso no que estamos a traballar no horto escolar. Neste curso consolidamos o proxecto. Desta vez cubrimos gran parte do terreo con malla antiherba, extendemos o rego por goteo por outras zonas do patio do colexio, estamos a probar novos cultivos que non olatáramos o curso pasado (berenxenas, pementos de Arnoia, acelgas ou apio) e voltaremos intentalo con algunhas sementes que non se nos deran ben (millo do de facer flocos, pipas de xirasol) .Ademais de traballar no horto puxemos algún recuncho máis de plantas aromáticas (con novas plantas como lavanda, romeu, ruda e loureiro), preparamos o corredor que está detrás do edificio vello para que medren diferentes plantas con flor e imos instalar unha billa ao carón do horto. desde o traballo directo na terra sementando, plantando e coidándoa, ata traballos de investigación sobre as plantas que temos plantado, tanto hortalizas como plantas aromáticas e plantas con flor. Tamén plantamos leitugas, fresas, allos, cebolas, porros e patacas, e imos plantar cogombro, tomates, leituga de folla de carballo, millo, pipas de xirasol, chícharos, cabaciña, cabaza). Tamén completamos as nosas necesidades de ferramentas e complementos (xa temos botas suficientes de diferentes números para os rapaces).
Durante o terceiro trimestre aínda temos prevista a realización dunha exposición sobre as diferentes plantas que temos no colexio, traballo ao que se están dedicando todas as aulas do colexio. Este ano estreamos o blog do noso horto e, así mesmo comezamos a colaborar na páxina web do Centro.
En outubro se fixeron as labores previas de preparación do terreo do horto, traballo que este curso levou a cabo a familia de Tania, alumna de 6º, moitas grazas! O horto ocupa este curso algo máis duns 100 m2, cun pequeno incremento con respecto ao curso pasado. Ao carón do horto dispoñemos de dous composteiros. Neste curso xa puidemos utilizar compost propio para abonar o terreo.
Unha parte das plantas criámolas nas aulas; cada aula encárgase dun viveiro xunto coas sementes que lle corresponden. Pasado o tempo preciso, plántanas no horto. Trátase de que todos os alumnos e alumnas poidan ver o proceso desde a xerminación dunha semente ata a planta madura xa lista para consumir. No terreo traballou todo o alumnado do Centro, cada nivel segundo as súas posibilidades. Unha vez no terreo a maioría das hortalizas están indo adiante. Algunhas precisaron protección adicional, especialmente contra as xeadas, que este ano tivemos en abundancia. Ás plantas máis sensibles, como as leitugas, puxémoslles manta térmica, con moi bos resultados.
CALENDARIO DE ACTIVIDADES NESTE CURSO
A mediados de novembro preparamos o terreo da horta. Tivemos a colaboración da familia dunha alumna de 6º, que veu cun monocultor e nos preparou o terreo. Uns días máis adiante fixemos a nosa primeira compra: tomas, tubo e billa para instalar ao carón do horto, malla anti-herba, terra e sementes. Comezamos en outubro por sementar sementes de grelos e acelgas en dous cadros do terreo previamente preparados. . A mediados de outubro puxemos a malla anti-herba no terreo de cultivo, agás onde temos plantados os grelos e as acelgas. Tamén en outubro recollemos as pipas dos xirasois que plantáramos no curso pasado. Neste mes comezaron a plantar; os alumnos e alumnas de 5º e 6º plantaron leituga de inverno e recolleron sementes de caraveis indios para plantar na próxima primavera. Algúns días despois puxemos carteis diante das diferentes hortalizas plantas aromáticas, incluíndo foto, nome común e nome científico. En novembro, os nenos e nenas das aulas de Infantil plantaron allos nos viveiros; estes quedaron ao coidado deles nas súas aulas para unhas semanas máis tardes levalas a plantar no horto. Ao día seguinte os alumnos e alumnas de 4º plantaron os repolos e coliflores que aínda ficaban sen plantar (finalmente temos 40 plantas deste tipo). Días máis tarde tocoulle a quenda a un dos espazos ocupados por plantas aromáticas; neste caso engadimos abono do noso composteiro e terra. O mes de novembro finalizou, no que ao horto se refire, cunha revisión de todo o plantando, verificando que cada pe estivese a unha profundidade suficiente, e coa posta da manta térmica sobre as leitugas. Tamén se plantou no recuncho das aromáticas ruda e se cambiou de lugar a menta.En decembro plantamos algunhas plantas novas: loureiro, madreselva e santolina. Así mesmo fixamos a malla anti-herba con ganchos de ferro e traballamos o terreo onde están as acelgas e o recuncho das aromáticas.
En xaneiro mercamos botas novas, números 25 e 27, e os alumnos e alumnas de Infantil plantaron os allos que medraran nos viveiros das aulas. Días máis tarde, os alumnos e alumnas de 5º e 6º plantaron fresas.
En febreiro puxemos a malla anti-herba na parte de atrás do colexio (40 metros), puxemos tubos de rego por goteo no horto e plantamos roseiras no corredor traseiro do patio.
En marzo comezamos poñendo tubo de rego por goteo nunha zona axardinada, xunto ao parque infantil, onde temos plantas aromáticas e ornamentais, das que plantamos algunha máis. Unha semana despois os alumnos e as alumnas de 2º foron plantar patacas; ademais viron o compost recén saído do composteiro, e do que engadimos un pouco nos sucos nos que plantamos. Tamén viron as plantas aromáticas, coñecendo os seus nomes e os seus usos máis comúns. Nesta semana tamén preparamos un viveiro con sementes de berenxenas e outro de leitugas de folla de carballo, que quedaron ao coidado dos alumnos e alumnas de 1º e 2º respectivamente. As zonas de plantas aromáticas reciben un coidado periódico, que na última ocasión supuxo engadir terra e abono, limpar doutras herbas ventureiras e delimitar mellor os espazos, desta vez con pedras. Tamén desta vez preparamos un viveiro con sementes de cogombro, que quedou ao coidado dos alumnos e alumnas de 3º.
En abril comezamos plantando unha planta de framboesa e outro falso xasmín, limpamos de malas herbas o corredor verde traseiro do patio e comprobamos que estaban a medrar sen dificultade as plantas que hai alí (falsos xasmíns, hortensias, roseiras...). Neste mes tamén plantamos pementos de Arnoia e berenxenas. Pero, naturalmente, as actividades no horto non finalizan cando teñamos entregada esta memoria (o traballo no horto non remata nunca!), senón que imos seguir plantando; proximamente tocaralle a quenda aos tomates, o apio, novos tipos de leituga, os chícharos, as cenorias, as xudías, o millo para facer flocos de millo, o cabaciña, a cabaza e o xirasol e, naturalmente ir facendo recolleita das hortalizas que se vaian dando. Por suposto, non foi todo adiante e, ademais, fóronse presentando, como non, algúns problemas.
Un dos problemas máis importantes foi que se nos perdeu o programador do rego por goteo; ao final o caso rematou ben porque puido arranxarse , aínda que non puidemos gozar ultimamente do seu servizo porque afortunadamente estivo a chover case todo o mes de abril. Tamén volvemos ter problemas con algúns viveiros e algunhas sementes non foron adiante (por exemplo, as berenxenas, polo que ao final optamos por mercar algunhas plantas, e tampouco parece que os cogombros vaian adiante).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)